Iria e a lua

Iria e a lua.

Editorial:
EDITORIAL XERAIS DE GALICIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8302-935-0
Páginas:
48
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLIN - DE 7 ANOS
8,80 €
IVA incluido
Pedido a proveedor

A Iria gustáballe sentir o aloumiño da despedida do día. Tiña curiosidade polo solpor, polo serán, pola noite e o luar. O avó faláballe da lúa, que vai perdendo cada día un cachiño, ata desaparecer; da súa luz; de cómo nace grande tralas montañas e se vai facendo máis pequena canto máis ascende no teito da noite. O avó tamén lle falaba dos soños que habitan a noite, contáballe que son uns seres pequenos e transparentes que viven de día tralas estrelas e de noite asoman ó balcón da lúa.
Os Magos das Palabras axúdannos a descubri-los soños. Cada noite os soños, dende o balcón da lúa, escollen unha persoa coa que pasa-la noite e hai moito tempo tiñan enormes liortas porque todos querían se-los primeiros es escoller; así pois, decidiron que había que poñer orde. Os primeiros en escoller serían os soños divertidos, que sempre escollen persoas divertidas. E os últimos serían os roñóns, que escollen as persoas roñonas e aburridas. E logo están os pesadelos, os soños que ninguñen quere.

Otros libros del autor